Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.955

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dispón a publicación da parte dispositiva da Orde do 17 de iguais mes e ano pola que se lle outorga a aprobación definitiva ó proxecto de modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Lugo na zona de Porta Miñá.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 17 de abril de 1995, dictou a orde que na súa parte dispositiva literalmente di:

RESOLVO:

De conformidade co disposto no artigo 132 do Regulamento de planeamento urbanístico, e aceptando e dando por integramente reproducidos os informes emitidos pola Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico (26 de novembro de 1993) e polo Pleno da Comisión Superior de Urbanismos de Galicia (17 de marzo de 1995), outorga-la aprobación definitiva ó proxecto de modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Lugo na zona de

Porta Miñá, que fora aprobado provisionalmente polo Concello de Lugo na súa sesión do 30 de decembro de 1993, coas seguintes puntualizacións:

1. Elimínanse aqueles extremos do proxecto que, sen encontrar soporte nin xustificación na modificación proxectada, afectan determinacións do vixente plan xeral; especificamente as seguintes: 3311 c), 3312 b), 3313, 3315, 3324, cadro J3301, 345, 41, 421 c), g), j), l), n), ñ), s) e v), 43, ordenanza 05 (punto 0531.b) e 44.

2. Elimínanse as previsións relativas á compátibilización pormenorizada no subsolo dos espacios libres de aparcamentos subterráneos.

3. O plan especial previsto no ámbito da modificación deberá suxeitarse integramente ó informe emitido o 26 de novembro de 1993 pola Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo.

Notifíquese a presente resolución e publíquese a súa parte dispositiva con expresión dos recursos legalmente procedentes.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos, e advírtese que contra a dita orde, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación, lembrando que se debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras públicas e Vivenda