Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.954

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dispón a publicación da parte dispositiva da orde de igual data pola que se lle outorga a aprobación definitiva ó proxecto de reforma puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense na zona 4 (Z-4) do SU-33, rúa Xeneral Aranda-marxe dereita do río Miño.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 18 de abril de 1995, dictou a orde que na súa parte dispositiva literalmente di:

RESOLVO:

De confomidade co disposto no artigo 132 do Regulamento de planeamento urbanístico, e aceptando e dando por integramente reproducido o informe do Pleno da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, do 17 de marzo de 1995, outorga-la aprobación definitiva ó proxecto de reforma puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense na zona 4 (Z-4) do SU-33, rúa Xeneral Aranda-marxe dereita do río Miño, que fora aprobado provisionalmente polo Concello de Ourense na súa sesión do 14 de xullo de 1994, coa expresa puntualización de que a execución da nova ordenación deberá levarse adiante mediante algún dos mecanismos previstos nos artigos 199 e seguintes da Lei do solo, ou mediante a constitución da servidume a que fai referencia o artigo 211 do mesmo texto legal.

Notifíquese a presente resolución e publíquese a súa parte dispositiva con expresión dos recursos legalmente procedentes.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos, e advírtese que contra a dita orde, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación, lembrando que se debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda