Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.954

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dispón a publicación da parte dispositiva da Orde do 17 de iguais mes e ano pola que se lle outorga a aprobación definitiva ó proxecto do Plan Especial de Protección e Mellora do Medio Natural na praia de Doniños, municipio de Ferrol (A Coruña).

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 17 de abril de 1995, dictou a orde que na súa parte dispositiva literalmente di:

RESOLVO:

De conformidade co disposto no artigo 132 do Regulamento de planeamento urbanístico, e aceptando e dando por integramente reproducido o informe do Pleno da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, do 17 de marzo de 1995, outorga-la aprobación definitiva ó proxecto do Plan Especial de Protección e Mellora do Medio Natural na praia de Doniños, municipio de Ferrol (A Coruña), que fora aprobado provisionalmente polo Concello de Ferrol na súa sesión do 29 de abril de 1994.

Notifíquese a presente resolución e publíquese a súa parte dispositiva con expresión dos recursos legalmente procedentes.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos, e advírtese que contra a dita orde, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación, lembrando que se debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda