Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.953

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dispón a publicación da parte dispositiva da Orde do 17 de iguais mes e ano pola que se lle outorga a aprobación definitiva á modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ferrol (A Coruña) no ámbito do PE-12 (plan especial: Fenya).

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o día 17 de abril de 1995, dictou a orde que na súa parte dispositiva literalmente di:

RESOLVO:

De conformidade co disposto no artigo 132 do Regulamento de planeamento urbanístico, e aceptando e dando por integramente reproducido o informe do Pleno da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, do 17 de marzo de 1995, outorga-la aprobación definitiva á modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ferrol (A Coruña) no ámbito do PE-12 (plan especial: Fenya), que fora aprobada provisionalmente polo Concello de Ferrol na súa sesión do 27 de maio de 1994, coas puntualizacións sinaladas no informe da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña emitido na súa sesión do 26 de setembro de 1994, do xeito plasmado no documento refundido remitido polo concello a esta consellería por medio do escrito do 20 de decembro de 1994 e, na súa virtude, acórdase a aprobación do mencionado documento refundido, como documento único e definitivo que comprende a modificación citada.

Notifíquese a presente resolución e publíquese a súa parte dispositiva con expresión dos recursos legalmente procedentes.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos, e advírtese que contra a dita orde, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación, lembrando que se debe comunicar previamente a esta consellería a devandita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1995.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda