Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 29 de maio de 1995 Páx. 3.953

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000230/1995, interposto por Antonio Mariño Vázquez.

O 13 de marzo de 1995, a Dirección Xeral da Función Pública recibe da Sala do Contencioso-Administrativo, sección primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000230/1995 interposto por Antonio Mariño Vázquez contra resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública de 9-12-1994, sobre expediente disciplinario como responsable de falta moi grave con sanción de cambio de residencia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA