Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995 pola que se convoca concurso público (número 13/1995) para adquisición de diverso material mobiliario e didáctico con destino ás facultades de Camiños e Informática da Coruña e escolas politécnicas de Ferrol, dependentes desta consellería.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convocar concurso público (nº 13/1995) para adquisición de diverso material mobiliario e didáctico con destino ás facultades de Camiños e Informática da Coruña, e escolas politécnicas de Ferrol, dependentes desta consellería. Expediente 13/1995.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, na forma que sinala a cláusula 7.5 5ª do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.

Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificios San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11, rúa Nova de Abaixo, nº 19-21. Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o 19 de xullo ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

Documentación que deben presenta-los licitadores: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións económicas: realizarase o 24 de xullo a partir das 10.45 horas.

Prazo de execución: 1 mes contado desde a sinatura do contrato.

Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

Orzamento de licitación: 90.177.264 ptas.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación

Universitaria

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS