Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a realización dunha campaña publicitaria de normalización lingüística na Administración local.

Obxecto do contrato: comprende a organización precisa para a realización dunha campaña publicitaria sobre normalización lingüística na Administración local, que se emitirá nas principais emisoras de radio e se inserirá na prensa escrita de Galicia con cobertura na Comunidade Autónoma, así como a creación, deseño e contratación doutros soportes publicitarios.

Prazo de execución: 12 días desde a notificación da adxudicación.

Importe de licitación: 10.000.000 de ptas., IVE incluído.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas e demais documentación complementaria estará a dispocisición dos interesados na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de luns a venres, de 9 a 14 horas, sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 45 17.

Fianza provisional: non é necesaria.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, aplicarase o disposto na cláusula 6 A) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o 8 de xuño ás 14 horas.

Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, ás 12 horas do día 13 de xuño de 1995.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario/a.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1995.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais