A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convocar concurso público (nº 12/1995) para adquisición de 380 butacas de salón de aptos para o I.B. Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, dependentes desta consellería. Expediente 12/1995.
Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, na forma que sinala a cláusula 7.5 5ª do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.
Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificios San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11, rúa Nova de Abaixo, nº19-21, Santiago de Compostela.
Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado e rematará o vixésimo día hábil a partir da dita publicación ás 14 horas.
Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.
Documentación que deben presenta-los licitadores: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura de proposicións económicas: realizarase o cuarto día hábil contado a partir da finalización do prazo de presentación de proposicións.
Prazo de execución: 1 mes contado desde a sinatura do contrato.
Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.
Orzamento de licitación: 15.960.000 ptas.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 1995.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria