Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.941

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación P.A. (257/1994).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no procedemento abreviado número 257/1994, dirixo a presente cédula co fin de que se proceda á súa inserción e publicación no Diario Oficial de Galicia, da sentencia que ten o encabezamento e decisión que copiado literalmente din como segue:

«No procedemento abreviado, número 257/1994, dimanante do procedemento abreviado, número 12/1994, instruído polo Xulgado de Instrucción número cinco desta cidade, polo delicto contra a seguridade do tráfico, contra o acusado Arturo Ramos Iglesias, nado o 16 de setembro de 1950, fillo de Manuel e Purificación, operario de máquina escavadora, natural e veciño do Pino, con domicilio en Rabal, s/n, con antecedentes penais, do que non consta a insolvencia e en liberdade provisional por esta causa, defendido polo letrado Nogueira Pol e representado polo procurador Caamaño Queijo, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Arturo Ramos Iglesias como autor dun delicto contra a seguridade do tráfico, sen circunstancias modificativas, á pena de catrocentas mil pesetas de multa, con arresto substitutorio de 30 días en caso de non pagamento, e privación do permiso de conducir por un ano, e o pagamento de custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, advertíndoas de que contra ela poderán interpor, perante este xulgado, recurso de apelación no prazo de dez días. Unha vez que sexa firme informarase ó Rexistro Central de Penados e Rebeldes para os efectos oportunos.

Así por esta miña sentencia, da que se xuntará certificación das actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo. O maxistrado-xuíz. Firmado. Ramón Lojo Aller. Rubricado».

E para que sirva de notificación ó condenado Arturo Ramos Iglesias, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, dezasete de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado