Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación mediante concurso público aberto de tramitación urxente das obras de construcción dun pavillón polideportivo e unha piscina cuberta no concello do Porriño (Pontevedra) e dúas máis incluídas nos convenios de cooperación sobre instalacións deportivas Xunta de Galicia deputacións provinciais de Pontepedra e A Coruña.

A Secretaría Xeral para o Deporte, cumpridos os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-los concursos públicos abertos -mediante tramitación de urxencia- das obras que a continuación se identifican:

Provincia de Pontevedra:

1. Obra obxecto do concurso: construcción dun pavillón polideportivo e piscina cuberta no concello do Porriño (Pontevedra).

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

Orzamento execución por contrata: douscentos corenta e seis millóns oitocentas noventa e cinco mil cento trinta e dúas pesetas (246.895.132 ptas.).

Prazo de execución: vintedous (22) meses.

Provincia da Coruña:

2. Obra obxecto do concurso: construcción de campo de fútbol e vestiarios no concello de Camariñas (A Coruña).

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d. Grupo K, subgrupo 6, categoría c.

Orzamento execución por contrata: cincuenta e dous millóns novecentos oitenta e catro mil cincocentas setenta e nove pesetas (52.984.579 ptas.).

Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Obra obxecto do concurso: construcción de pavillón polideportivo no concello de Ribeira (A Coruña).

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

Orzamento de execución por contrata: setenta e oito millón catrocentas dezanove mil seiscentas trece pesetas (78.419.613 ptas.).

Prazo de execución: dez (10) meses.

-Exposición dos pregos de cláusulas e proxectos técnicos: os pregos de cláusulas administrativas e mailos proxectos técnicos poderán examinarse no Servicio de Infraestructura Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, Santiago de Compostela), durante o prazo de presentación, desde as 10 ata ás 14 horas.

-Prazo de presentación de proposicións: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 13 horas do décimo quinto día hábil a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG.

-Lugar: a presentación de proposicións efectuarase no rexistro xeral da Secretaría Xeral para o Deporte, (estadio multiusos, San Lázaro, Santiago de Compostela), ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), en sobre pechado, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

As proposicións axustaranse ó modelo establecido que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares, anexo I.

Cando as proposicións se envíen por correo o remitente deberá xustifica-la data na que efectúa o envío na oficina de correos e comunicar ó órgano de contratación a remisión do mesmo mediante telefax ou telegrama, dentro da data e horas establecidas como prazo de presentación. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

-Apertura de proposicións: será efectuada pola Mesa de Contratación desde as 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas que non sexa sábado, na de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte no estadio multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela.

-Fianzas provisionais: os contratistas que acrediten a clasificación requirida para concorrer á licitación en cada unha das obras citadas poidan dispensados da obriga de prestar fianza provisional ó abeiro do disposto no artigo 341 do Regulamento xeral de contratación do Estado e Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Naquelas obras nas que non se esixa clasificación, os contratistas que posúan e aporten, voluntariamente, tal documento, quedarán eximidos igualmente de prestaren fianza provisional.

Os empresarios non clasificados deberán prestar fianza provisional por importe do 2% do orzamento de execución por contrata das mesmas.

-Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares, conforme as indicacións seguintes:

Cando un propoñente presente proposicións económicas para máis de unha das obras incluídas na presente resolución deberá presentar un sobre A e B común para todas elas que conterá a documentación requirida no prego e identificará na carátula

dos mesmos as obras nas que se pretende que produza efectos.

Non obstante o anterior, presentarase un sobre A por cada obra á que concorra, na que só se deberá introduci-la acreditación da declaración de suficiencia do poder de representación e a clasificación empresarial posuída.

-A documentación que sexa aportada polos licitadores debe ser en documentos orixinais ou ben con compulsa administrativa efectuada ante a Secretaría Xeral para o Deporte, ou autentificada por notario.

Os poderes de prepresentación deberán ser declaradas bastantes polos letrados da Asesoría Xurídica da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Serán a cargo do/s adxudicatario/s o custo da publicación da presente no Diario Oficial de Galicia e o da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA