Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.941

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (41/1990).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela.

En virtude do acordado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, en autos de expediente de dominio número 41/1990, promovido por María del Pilar Varela Vilariño, sobre inmatriculación para a inscrición ó seu favor no Rexistro da Propiedade do seguinte predio:

Casa número 4 antigo, despois sen número, e hoxe co número 11, de planta baixa e alta, cun alpendre pola parte posterior e un pequeno hórreo, todo en mal estado de conservación, con algún terreo unido duns doce cuartillos de superficie. Linda o conxunto ó norte (costas) con muro de Juan Fernández, hoxe de Pedro Fernández, camiño en medio; ó sur (fronte) antiga estrada de Padrón a Santiago de Compostela; ó leste, con casa e terreo de José Pacheco, hoxe de Ángel Varela López; ó oeste, propiedade de Pedro Ruanova, entre o terreo onde se atopa situada a casa e o alpendre, e o terreo onde se atopa encravado o hórreo, existe un camiño delimitado por muros.

Por este edicto convócanse as persoas ignoradas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada, co fin de que no prazo de dez días poidan comparecer perante este xulgado para alega-lo que ó seu dereito conveña, baixo apercibimento de que, non efectuándoo, recaerá sobre eles o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

Conforme o disposto no artigo 201 da Lei hipotecaria, en cumprimento do ordenado na dita reso

lución, expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela, vintesete de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado