Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.940

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (36/1989).

En virtude do acordado en resolución do día de hoxe dictada no procedemento de xustiza gratuíta seguido neste xulgado co número 36/1989, por medio do presente edicto notifícase a sentencia dictada neles, co encabezamento e parte dispositiva seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 22 de marzo de 1995.

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e do seu partido, os presentes autos incidentais, substanciados perante este xulgado polos trámites de xuízo verbal co número 36 de 1989, por dependencia do xuízo declarativo de menor contía nº 394/1988, entre partes, dunha como demandante, Isabel Fariña Gómez, veciña de Ordes, representada nos autos polo procurador Solar Vigo, asistido da letrada Pazo Esmorís, e doutra como demandado, Benito Viqueira Vieites, veciño que foi de Ordes e actualmente en paradoiro descoñecido, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, e con intervención do avogado do Estado; sobre beneficios de xustiza gratuíta.

Decido que debo declarar e declaro o dereito a xustiza gratuíta de Isabel Fariña Gómez, co obxecto de contesta-la demanda e, se é o caso, formular reconvención, no xuízo declarativo de menor contía promovido por Benito Viqueira Vieites, e isto sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 LAC, e declaro as custas de oficio.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña».

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación ó demandado Benito Viqueira Vieites, en paradoiro descoñecido e declarado na situación procesual de rebeldía, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, 18 de abril de 1995.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA