Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.940

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (28/1995-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que

no xuízo de faltas mencionado, seguido pola falta de ameazas, sendo parte como denunciante José Ramón Gerpe Gesto e como denunciado José Manuel Guzmán Pardo, dictouse sentencia coa seguinte decisión:

«Que debo absolver e absolvo a José Manuel Guzmán Pardo da presunta falta que se lle imputaba, declarando as custas de oficio.

Así por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado Manuel-Pérez Echenique. Rubricado Jorge Villar Trabazos».

E para que conste e sirva de notificación a José Manuel Guzmán Pardo, en paradoiro ignorado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 18 de abril de 1995.

O secretario

Rubricado