Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.940

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (15/1995-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas mencionado, seguido pola falta de imprudencia, no que foron partes como denunciantes/denunciados Ramón Pérez Araújo e Cristina Martínez Martínez, como prexudicado Jesús Martínez Bermúdez, como responsable civil subsidiario Juan Martínez Moledo e como responsables civís directos as compañías de seguros Previsión Española e Abeille Previsora, dictouse sentencia coa seguinte decisión:

«Que debo absolver e absolvo a Ramón Pérez Araújo e Cristina Martínez Martínez da presunta falta a que se refire o presente procedemento, declarando as custas de oficio, e unha vez firme esta resolución, déase conta co fin de dictar título executivo.

Así por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado Manuel Pérez Echenique. Rubricado Jorge Villar Trabazos».

E para que conste e sirva de notificación a Cristina Martínez Martínez, en paradoiro ignorado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 18 de abril de 1995.

O secretario

Rubricado