Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.930

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de maio de 1995 pola que se resolve definitivamente a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos vacantes, na Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, por Orde do 22 de setembro de 1994 (DOG nº 194 do 6 de outubro), no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolver defi

nitivamente a citada convocatoria de acordo cos seguintes apartados:

1.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo I da presente orde. Declarar deserto o posto de traballo que se especifica no anexo II da presente orde.

2.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou de un mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

3.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña a praza, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

4.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

Número de rexistro: 7635795302 A2059.

Grupo: D.

Apelidos e nome: Costa Fuentes, José Manuel.

Posto de traballo: secretario do Secretario Xeral.

Nivel: 18.

Código do posto: PRP060000115770018.

Dependencia: S.X. Protección Civil e o Medio Ambiente.

Localidade: Santiago de Compostela.

ANEXO II

Denominación do posto: xefe Servicio Disciplina Ambiental PRP060000215770005.

Dependencia: S.X. Protección Civil e o Medio Ambiente.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Grupo: A/B.

Nivel c. destino: 28.