Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.930

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de febreiro de 1995 pola que se establece o programa de axudas para o fomento da economía social e a integración laboral dos minusválidos.

Advertidos erros na citada orde (publicada no DOG nº 36, do 21 de febreiro de 1995), cómpre efectua-las oportunas correccións:

-Na páxina 1.449, no apartado 2 da disposición adicional primeira, onde di: «As solicitudes de axudas feitas conforme a ordes de exercicios anteriores que reúnan actualmente os requisitos legais poderán ser atendidas este ano, tendo en conta a incidencia social e económica do solicitante», ten que dicir: «As solicitudes de axudas feitas conforme as ordes de exercicios anteriores que reuniran os requisitos legais establecidos nelas, poderán ser atendidas actualmente tendo en conta a incidencia social e económica do solicitante.»

-Na páxina 1.449, na cuarta e quinta liñas da disposición adicional segunda onde di: « ... axuda equivalente á recollida no artigo 4.3) e 7.2), aínda que ... », ten que dicir: « ... axuda equivalente á recollida no artigo 4.4), aínda que ... ».

-Na páxina 1.449, no apartado 1 da disposición adicional segunda, onde di: « ... durante os 4 anos anteriores ó seu retorno realizarán nos últimos ...», ten que dicir: « ... durante os 4 anos anteriores ó seu retorno ou realizaran nos últimos ... ».

-Na páxina 1.450, no recadro correspondente a lexislación aplicable, onde di: «Orde do 4 de febreiro de 1995 ... », ten que dicir: «Orde do 1 de febreiro de 1995 ... ».