Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 26 de maio de 1995 Páx. 3.931

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados para a provisión de postos de traballo do corpo facultalivo superior da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de médicos titulares convocado por Resolución do 16 de decembro de 1994.

Realizadas tódalas actuacións previstas na resolución deste centro directivo do 16 de decembro de 1994, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria, subescala de atención primaria, clase de médicos titulares, procede agora, de conformidade co anunciado no apartado 6 da base décimo primeira da convocatoria, unha vez publicada xa no Diario Oficial de Galicia nº 68 correspondente ó 6 de abril de 1995 a Resolución do 24 de marzo de 1995 pola que se resolve definitivamente a primeira fase do concurso, dicta-la correspondente resolución cos destinos definitivos da segunda fase deste indicando nela os prazos de cesamento e de toma de posesión para tódolos participantes en ámbalas dúas fases. Por todo isto, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Declarar resolta definitivarnente a segunda fase do concurso de traslados para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de médicos titulares, convocado por resolución deste centro directivo do 16 de decembro de 1994 (DOG nº 242, do 19 de decembro).

Segundo.-Publicar no anexo da presente resolución a relación de participantes na segunda fase do concurso de traslados xunto co destino adxudicado.

Terceiro.-De conformidade co establecido no apartado 6 da citada Resolución do 16 de decembro de 1994 de convocatoria do concurso de traslados, os prazos de cesamento no actual destino e de toma de posesión no destino adxudicado que se fixan na presente resolución serán aplicables tanto ós funcionarios de novo ingreso que participaron na segunda fase do concurso de traslados como a aqueles funcionarios que participaron na primeira fase deste resolta definitivamente por Resolución do 24 de marzo de 1995 (DOG nº 68, do 6 de abril) e nos termos previstos no seu apartado cuarto.

Cuarto.-De conformidade co establecido no artigo 14.1º do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo), polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo para tomar

posesión no novo destino adxudicado no concurso será de tres días hábiles se o posto de traballo se atopa na mesma localidade có destino actual ou de un mes se radica en localidade distinta.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partires do día seguinte ó do cesamento, o cal deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles contados á partires do 29 de maio de 1995 inclusive. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o devandito día.

Quinto.-Para tódolos efectos, o prazo de toma de posesión considerarase como de servicio activo, agás para o persoal de novo ingreso que na data da publicación da presente resolución non tivese vínculo como funcionario.

Sexto.-O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, fosen concedidos ós participantes no concurso de traslados.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Sétimo.-Non obstante o establecido no apartado anterior a aqueles concursantes que se atopen, á data da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución, na situación de invalidez provisional, dilixenciaráselle-lo cesamento no seu actual posto de traballo e a súa toma de posesión o día seguinte ó do devandito cesamento no destino adxudicado no concurso, manténdose inalterable a súa situación de invalidez provisional.

Oitavo.-No tocante ó réxime de altas e baixas na Seguridade Social e cotización durante o prazo de toma de posesión observarase o disposto no artigo 5 da Orde do 27 de outubro de 1992 (BOE nº 266, do 5 de novembro) e o artigo 1 da Orde do 17 de xaneiro de 1994 (BOE nº 20, do 24 de xaneiro).

Noveno.-Tanto o cesamento como a toma de posesión haberá de realizarse ante as direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, que darán conta inmediatamente ós respectivos centros de atención primaria para os efectos procedentes.

Décimo.-Contra a presente resolución poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partires da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos