Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 25 de maio de 1995 Páx. 3.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación mediante concurso público aberto-tramitación urxente das obras de construcción dunha piscina cuberta no concello de Vilalba (Lugo), e cinco máis incluídas nos respectivos convenios de cooperación subscritos cos concellos de Vilalba, Viveiro, O Vicedo, Begonte, Friol e Bóveda.

A Secretaría Xeral para o Deporte, cumpridos os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-los concursos públicos abertos -mediante tramitación de urxencia- das obras que a continuación se identifican:

Provincia de Lugo.

1. Obra obxecto do concurso: construcción dunha piscina cuberta en Vilalba (Lugo).

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos; categoría d.

Orzamento de execución por contrata: cento corenta millóns seiscentas sesenta e dúas mil oitenta e seis pesetas (140.662.086 ptas.).

Prazo de execución: catorce (14) meses.

2. Obra obxecto do concurso: construcción de campo de fútbol, 2ª fase, en Covas-Viveiro (Lugo).

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

Orzamento de execución por contrata: oitenta e seis millóns cincocentas oitenta e nove mil seiscentas corenta e tres pesetas (86.589.643 ptas.).

Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Obra obxecto do concurso: construcción dunha pista polideportiva cuberta no concello do Vicedo (Lugo).

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

Orzamento de execución por contrata: sesenta e tres millóns cincocentas corenta e seis mil cincocentas cincuenta e cinco pesetas (63.546.555 ptas.).

Prazo de execución: doce (12) meses.

4. Obra obxecto do concurso: construcción dun pavillón polideportivo, 2ª fase, en Baamonde, no concello de Begonte (Lugo).

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

Orzamento de execución por contrata: vinteoito millóns cincocentas trinta e unha mil sesenta e tres pesetas (28.531.063 ptas.).

Prazo de execución: cinco (5) meses.

5. Obra obxecto do concurso: reforma e ampliación da pista polideportiva no concello de Friol (Lugo).

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

Orzamento de execución por contrata: cincuenta e seis millóns cento trinta e sete mil trescentas dezasete pesetas (56.137.317 ptas.).

Prazo de execución: dez (10) meses.

6. Obra obxecto do concurso: construcción dun pavillón polideportivo no concello de Bóveda (Lugo).

Clasificación do contratista: grupo D, subgrupo todos, categoría d.

Orzamento de execución por contrata: sesenta e dous millóns setecentas cincuenta e nove mil corenta e dúas pesetas (62.759.042 ptas.).

Prazo de execución: doce (12) meses.

Exposición de pregos de cláusulas e proxectos técnicos: os pregos de cláusulas administrativas e mailos proxectos técnicos poderán examinarse no Servicio de Infraestructura Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, Santiago de Compostela), durante o prazo de presentación, desde as 10 ata as 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 13 horas do décimo quinto día hábil a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG.

Lugar: a presentación de proposicións efectuarase no rexistro xeral da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, Santiago de Compostela), ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), en sobre pechado, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

As proposicións axustaranse ó modelo establecido que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares, anexo I.

Cando as proposicións se envíen por correo o remitente deberá xustifica-la data na que efectúa o envío na oficina de correos e comunicar ó órgano de contratación a súa remisión mediante telefax ou telegrama, dentro da data e horas establecidas como prazo de presentación. Son a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se e recibida polo órgano de contratación con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

Apertura de proposicións: será efectuada pola Mesa de Contratación desde as 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte no estadio multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Fianzas provisionais: os contratistas que acrediten a clasificación requirida para concorrer á licitación en cada unha das obras citadas quedan dispensados da obriga de prestar fianza provisional ó abeiro do

disposto no artigo 341 do Regulamento xeral de contratación do Estado e Real decreto 1883/1979, do 1 de xuño.

Naquelas obras nas que non se esixa clasificación, os contratistas que posúan e aporten, voluntariamente, tal documento quedarán eximidos, igualmente, de prestaren fianza provisional.

Os empresarios non clasificados deberán prestar fianza provisional por importe do 2% do orzamento de execución por contrata delas.

Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares, conforme as indicacións seguintes:

Cando un propoñente presente proposicións económicas para máis dunha das obras incluídas na presente resolución deberá presentar un sobre A e B común a todas elas que conterá a documentación requirida no prego e identificará na súa carátula as obras nas que se pretende que produza efectos.

Non obstante o anterior, presentarase un sobre A por cada obra á que concorra, na que só se deberá introduci-la acreditación da declaración de suficiencia do poder de representación e a clasificación empresarial posuída.

A documentación que sexa aportada polos licitadores debe ser en documentos orixinais ou ben con compulsa administrativa efectuada diante da Secretaría Xeral para o Deporte ou autenticada por notario.

Os poderes de representación deberán ser declarados bastantes polos letrados da Asesoría Xurídica da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Serán de cargo do/s adxudicatario/s o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e o da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte