Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 25 de maio de 1995 Páx. 3.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 26 de abril de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican aumentos de base inpoñible, dictados polo Servicio de Xestión Tributaria, referente os conceptos e contribuíntes que se citan (Gómez Quinteiro, Enrique e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os aumentos de base impoñible que resultan da comprobación de valores efectuada polo Servicio de Xestión Tributaria

en aplicación do artigo 46 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e que afectan ós contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido o que se sinala.

A diferencia de valor respecto do declarado resulta de utiliza-los medios de comprobación previstos no artigo 52 da Lei xeral tributaria, sendo de aplicación, o artigo 14.7º do citado texto refundido da Lei do imposto sobre T.P e AXD.

Contra a presente notificación poderá interpoñer os seguintes recursos: reclamación económico-ad

ministrativa ante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta Delegación Territorial, praza de Compostela nº 26 de Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula. Así mesmo, e no mesmo prazo, de non estar conforme coa valoración practicada, podera solicita-la práctica de taxación pericial contradictoria. Se se interpón a reclamación económico-administrativa, deberá xustificalo ante esta oficina liquidadora, de non facelo así, cursarase a liquidación sobre o valor comprobado segundo o artigo 63 do Regulamento do imposto.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA