Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 25 de maio de 1995 Páx. 3.921

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (288/1994).

Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fai saber que neste xulgado do meu cargo, séguense autos de proceso civil de cognición, co número 288/1994, por instancia de Amparo Morais Flórez representada polo procurador García Piccoli contra José Barreiro Barral e Elisa Fernández Cambeiro con domicilio descoñecido sobre resolución de contrato de arrendamento, dictada a providencia no día de hoxe que literalmente di:

Providencia da maxistrada Collazo Lugo. En Santiago de Compostela o seis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Dada conta, únase o escrito presentado ós autos da súa razón e, visto o seu contido accédese ó solicitado, na súa virtude, emprácese por medio de edictos que serán publicados no taboleiro de anuncios deste xulgado e outro con atento oficio será remitido ó DOG e ós demandados José Barreiro Barral e Elisa Fernández Cambeiro, con domicilio descoñecido, para que no prazo de nove días comparezan nos autos como parte en forma (asistidos de letrado) baixo apercibimento de que, se non o verifica, serán declarados en rebeldía, dándose por contestada a demanda e seguindo o xuízo o seu curso. Fágaselle entrega do referido despacho ó procurador da parte demandante co fin de que coide da súa dilixencia e devolución.

Mándao e asínao S.Sª. Dou fe.

Perante min e para que sirva de emprazamento en forma ós demandados e para publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG expido o presente edicto que é dado en Santiago de Compostela o seis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado