Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 25 de maio de 1995 Páx. 3.920

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (60/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e instrucción número tres de Santiago de Compostela dou fe, de que neste xulgado se segue xuízo de divorcio co número 60/1994, no que recaeu a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di como segue:

«En Santiago de Compostela o vinteún de febreiro de 1995. A maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela vistos os presentes autos de xuízo de divorcio número 60/1994, promovidos por instancia María Isabel Sanín Raviña e na súa representación o procurador dos tribunais Óscar García Piccoli contra José Luis Ameneiro Casas en situación procesual de rebeldía e con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que debo acordar e acordo a disolución do matrimonio por divorcio entre María Isabel Sanín Raviña e José Luis Ameneiro Casas, acordando as seguintes medidas:

1. Que os fillos menores queden baixo a custodia da nai, como sempre o estiveron, exercendo conxuntamente ámbolos proxenitores a patria potestade.

2. Non se lle concede ó pai réxime de visitas, dada a súa rebeldía e aparente desinterese polos seus fillos sen prexuízo da modificación da dita medida, se é o caso.

3. Respecto da contribución que en concepto de alimentos debe facer para o levantamento de cargas familiares, dada a ausencia de calquera tipo de datos, toda vez que se encontra en rebeldía, fíxase no 35% dos ingresos que teña por calquera concepto en cada momento.

Unha vez firme esta sentencia, procédase á súa inscrición á marxe da inscrición de matrimonio e de nacemento dos fillos. Contra esta sentencia cabe interponer recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa notificación perante este xulgado. Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias. Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asinoo. Asinado e rubricado, Leonor Castro Calvo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma ó demandado rebelde, actualmente en ignorado paradoiro José Luis Ameneiro Casas, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o 17 de marzo de 1995.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA