Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 25 de maio de 1995 Páx. 3.920

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (64/1995-01).

María Fe Meitin Femández, xuíza accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e do seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 64/1995, por instancia de José Ramón Rivera Estévez contra Alberto Pintos Martínez e outro, nas actuacións do cal en resolución desta data se acordou citar a Alberto Pintos Martínez co fin de que o día 1 de xuño ás once quince horas compareza perante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas. Queda apercibido de que no caso de non verificalo recaerá sobre el o prexuízo a que houber lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas que coide oportunas.

Para que conste e sirva de citación a Alberto Pintos Martínez, expido e asino en Santiago de Compostela, 26 de abril de 1995.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA