Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 25 de maio de 1995 Páx. 3.920

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (171/1994-01).

María Fe Meintin Fernández, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela,

Fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo seguido perante este xulgado co número 171/1994, promovido pola Caixa Provincial de Ourense, representada pola procuradora Sánchez Silva, contra Manuel Rodríguez Pérez e dado que o demandado se atopa en paradoiro ignorado, por medio do presente edicto cítase de remate o dito demandado, co fin de que no termo improrrogable de nove días compareza en forma en autos, mediante avogado e procurador, e se opoña á execución se lle convén, facendo constar que as copias da demanda e documentos se atopan nesta secretaría ó seu dispor e apercibíndoo de que de non comparecer será declarado en rebeldía, sen o volver citar nin lle facer outras notificacións que as que determine a lei.

Faise constar que sen previo requirimento de pagamento se procedeu ó embargo do vehículo, camión Ebro-Nissan L35, matrícula C-1262-AL.

E para que conste e sirva de citación en legal forma ó demandado en paradoiro ignorado, expido e asino o presente edicto, do que eu, o secretario, dou fe.

Rubricado