Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 25 de maio de 1995 Páx. 3.907

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 24 de maio de 1995 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados polo persoal que realiza funcións de superior categoría do servicio de lavandería do Hospital Provincial de Pontevedra, que se levará a efecto desde as 8 ás 22 horas do día 26, desde as 8 ás 15 do día 27, desde as 8 ás 22 dos días 29, 30 e 31 de maio, desde as 8 ás 22 do día 1 e 2 de xuño, desde as 8 ás 15 do día 3 de xuño e desde as 8 ás 22 horas dos días 8, 9, 10, 11 e 12 de xuño do ano que corre.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas o privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afec

tados para que, mediante orde, e diante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta o persoal que realiza funcións de superior categoría do servicio de lavandería do Hospital provincial de Pontevedra, que se levará a efecto desde as 8 ás 22 horas do día 26, desde as 8 ás 15 do día 27, desde as 8 horas ás 22 dos días 29, 30 e 31 de maio, desde as 8 ás 22 do día 1 e 2 de xuño, desde as 8 ás 15 do día 3 de xuño e desde as 8 ás 22 horas dos días 8, 9, 10, 11 e 12 de xuño do ano que corre, oído o Comité de Folga, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

A convocatoria de folga que afecta o persoal que realiza funcións de superior categoría do servicio de lavandería do Hospital provincial de Pontevedra, que se levará a efecto desde as 8 ás 22 horas do día 26, desde as 8 ás 15 do día 27, desde as 8 horas ás 22 dos días 29, 30 e 31 de maio, desde as 8 ás 22 do día 1 e 2 de xuño, desde as 8 ás 15 do día 3 de xuño e desde as 8 ás 22 horas dos días 8, 9, 10, 11 e 12 de xuño do ano que corre, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo desta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada hixiene da lencería do hospital, para evitar que se produzan graves prexuízos para os usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa adecuada atención ós usuarios do centro, que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

Entrando na análise dos criterio da determinación dos servicios mínimos, pódese sinalar que para a fixación deles se tivo en conta a necesidade de manter unha porcentaxe da actividade imprescindible para cubri-las necesidades de lavandería, e para garantir tal actividade, ineludible para que a folga non lles ocasione graves prexuízos ós pacientes hospitalizados, requírese a presencia de nove traballadores na quenda de mañá e catro na quenda de tarde.

Ben entendido que unicamente se fixarán tales mínimos no persoal afectado pola folga, no caso de que a dita cobertura non se atinxa coa presencia do persoal de lavandería ó que non abrangue.

Artigo 2º

A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será feita pola dirección do complexo hospitalario, publicarase nos taboleiros de anuncios dos centros de traballo.

Artigo 3º

Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais