Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 25 de maio de 1995 Páx. 3.896

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de abril de 1995 pola que se fai pública a lista de aprobados no curso de especialización de educación física para mestres convocados por Orde do 14 de xuño de 1994 (DOG do 20 de xuño).

Por Orde do 14 de xuño de 1994 (DOG do 20 de xuño) da Consellería de Eduación e Ordenación Universitaria convocouse un curso de especialización en educación física para mestres que se ía desenvolver na Coruña.

Desenvolvidas as fases teórico-práctica e práctica previstas nos puntos I e II do anexo I da devandita orde de convocatoria, cómpre facer pública a relación dos mestres que as superaron.

En consecuencia, dispoño:

Declarar aptos os mestres que se relacionan no anexo desta orde que superaron satisfactoriamente os períodos teórico-práctico e práctico do curso de especialización en educación física convocado por Orde do 14 de xuño de 1994.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria