Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 25 de maio de 1995 Páx. 3.892

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 11 de maio de 1995 pola que se desenvolve a estructura directiva das xerencias de atención primaria de Galicia.

O Decreto 200/1993, do 29 de xullo, acometeu a reforma e ordenación da atención primaria da saúde no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

En desenvolvemento da devandita disposición, o Decreto 252/1994, do 29 de xullo, estableceu a estructura directiva marco das xerencias de atención primaria, prevendo a súa posterior concreción con base en criterios de distribución poboacional, de extensión territorial e as necesidades asistenciais.

Por iso, en aplicación do disposto na disposición derradeira primeira do Decreto 25/1994, do 29 de xullo, de conformidade co previsto nos artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Establécese a estructura directiva das xerencias de atención primaria de Galicia, nos termos que se indican a seguir:

1.1. Xerencia de atención primaria da Coruña-Ferrol.

1.1.1. Á fronte da xerencia de atención primaria da Coruña-Ferrol existirá un director xerente.

1.1.2. Dependendo xerarquicamente do director xerente existirán os seguintes órganos:

-O director asistencial da Coruña.

-O director asistencial de Ferrol.

-O director de xestión da Coruña-Ferrol.

1.1.3. Con dependencia do director asistencial da Coruña existirán os órganos que se indican a seguir:

-O director médico da Coruña.

-O director médico de atención continuada da Coruña.

-O director de enfermería da Coruña.

-O Subdirector de enfermería da Coruña.

1.1.4. Con dependencia do director asistencial de Ferrol existirán os seguintes órganos:

-O director médico de Ferrol.

-O director de enfermería de Ferrol.

1.1.5. Con dependencia do director de xestión da Coruña-Ferrol existirá o seguinte órgano:

-O subdirector de xestión de Ferrol.

1.2. Xerencia de atención primaria de Pontevedra-Vigo

1.2.1. Á fronte da xerencia de atención primaria de Pontevedra-Vigo existirá un director xerente.

1.2.2. Dependendo xerarquicamente do director xerente existirán os seguintes órganos:

-O director asistencial de Vigo.

-O director asistencial de Pontevedra.

-O director de xestión de Pontevedra-Vigo.

1.2.3. Con dependencia do director asistencial de Vigo existirán os seguintes órganos:

-O director médico de Vigo.

-O director médico de atención continuada de Vigo.

-O director de enfermería de Vigo.

-O subdirector de enfermería de Vigo.

1.2.4. Con dependencia do director asistencial de Pontevedra existirán os seguintes órganos:

-O director médico de Pontevedra.

-O director de enfermería de Pontevedra.

1.2.5. Con dependencia do director de xestión de Pontevedra-Vigo existirán os seguintes órganos:

-O subdirector de xestión de Pontevedra.

-O subdirector de xestión de Vigo.

1.3. Xerencia de atención primaria de Ourense.

1.3.1. Á fronte da xerencia de atención primaria de Ourense existirá un director xerente.

1.3.2. Dependendo xerarquicamente do director xerente existirán os seguintes órganos:

-O director asistencial.

-O director de xestión.

1.3.3. Con dependencia do director asistencial existirán os seguintes órganos:

-O director médico.

-O director de enfermería.

-O subdirector médico.

-O subdirector de enfermería.

1.4. Xerencia de atención primaria de Santiago de Compostela.

1.4.1. Á fronte da xerencia de atención primaria de Santiago de Compostela existirá un director xerente.

1.4.2. Dependendo xerarquicamente do director xerente existirán os seguintes órganos:

-O director asistencial.

-O director de xestión.

1.4.3. Con dependencia do director asistencial existirán os seguintes órganos:

-O director médico.

-O director de enfermería.

-O subdirector médico.

1.5. Xerencia de atención primaria de Lugo.

1.5.1. Á fronte da xerencia de atención primaria de Lugo existirá un director xerente.

1.5.2. Dependendo xerarquicamente do director xerente existirán os seguintes órganos:

-O director asistencial.

-O director de xestión.

1.5.3. Con dependencia do director asistencial existirán os seguintes órganos:

-O director médico.

-O director de enfermería.

-O subdirector médico.

-O subdirector de enfermería.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación na Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA