Ó non ser elixido polo Concello de Negueira de Muñiz (Lugo) xuíz de paz titular da dita localidade, convócase para que, no prazo de 15 días computados a partir da publicación desde edicto no Diario Oficial de Galicia cantos teñan interese en aspirar ó cargo de xuíz de paz titular de Negueira de Muñiz (Lugo) dirixan unha instancia á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, facendo consta-lo seguinte:
1. Nome, apelidos, idade, profesión e domicilio.
2. Se desempeñou o cargo de xuíz de paz ou substituto.
3. Méritos que coide que pode facer valer.
O que se fai público en cumprimento do acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para coñecemento de cantos interesen solicita-la indicada praza.
A Coruña, dez de abril de mil novecentos noventa e cinco.
Vicente Fernández Riera
Secretario da Sala de Goberno do Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia