Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONSORCIO DA CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1995, da Presidencia do Consello de Administración do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público, para a contratación do deseño, producción, montaxe e realización do espectáculo nocturno das festas patronais 1995 de Santiago de Compostela.

1. Obxecto do concurso: deseño, producción, montaxe e realización do espectáculo nocturno das festas patronais 1995 da cidade de Santiago de Compostela.

2. Tipo de licitación: 35.000.000 de ptas., IVE incluído.

3. Garantía provisional: 2% sobre o tipo de licitación.

4. Garantía definitiva: 4% sobre o tipo de adxudicación.

5. Modelo de proposta:

Don/Dona..., veciño/a de.... con domicilio en (rúa, lugar, etc.).... número.... DNI..., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en representación de... ) na licitación do contrato de..., e que a continuación fago constar:

a) Ofrezo o prezo de... ptas. (en letra e números), o que supón unha baixa de... ptas. (en letra e números) con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñezo e acepto tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Comprométome a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, seguridade social e protección a industria nacional.

..., ... de... de 199...

O/A licitador/a.

6. Presentación de ofertas: realizarase no rexistro xeral do consorcio (Rúa do Vilar, 59, Santiago de Compostela), en horario das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

As ofertas serán individuais e presentaranse en sobre pechado nas condicións establecidas no prego correspondente que pode ser consultado nas oficinas do consorcio da cidade de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 59), en horario de 9 a 14 horas.

7. Apertura de plicas: terá lugar na sede do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

8. Prego de condicións: estará exposto durante os oito días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio no BOE podéndose presentar reclamacións contra el, de acordo co que establece o artigo 122 do TRRL.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1995.

Javier Castiñeira Izquierdo

Secretario do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela