Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

A Comisión de Gobemo, en sesión que tivo lugar o día 25 de abril de 1995, aprobou o expediente para a contratación, mediante concurso e por trámite de urxencia, da obra denominada reforma e adecuación da casa A Braña para preescolar en Mera.

De acordo co artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986 queda exposto ó público o prego de condicións polo prazo de catro días hábiles para efectos de presentación de reclamacións.

Simultaneamente e para o caso de que non se produzan, anúnciase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

Obxecto do contrato: a execución das obras comprendidas no proxecto de reforma e adecuación da casa A Braña para preescolar en Mera e con suxeición á memoria, planos, medicións, cadros de prezos e pregos de prescricións técnicas.

Prezo máximo: 20.539.239 ptas.

Prazo de execución: tres meses.

Pagamentos: verificaranse contra certificación acompañadas de relación valorada expedida polo técnico-director da obra.

Pregos de condicións e prego de prescricións técnicas: poderán recollerse na secretaría deste concello, das 9 ás 13 horas.

Clasificación: subgrupo C, categoría d.

Garantía provisional: dispénsase da súa presentación.

Garantía definitiva: 821.570 ptas.

Proposicións: presentaranse no lugar e prazo que se indica nos epígrafes 5 e 6 do cadro de características do contrato, dentro do prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou DOG, se é o caso, en horas de nove a trece e en dous sobres pechados que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentacíón e requisitos esixidos na cláusula 13 do prego de condicións.

Apertura das proposicións: a apertura de proposicións terá lugar no salón de reunións da Casa do Concello sito no primeiro andar do mesmo, ás doce horas do día hábil seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións. Se este acto cadra un sábado, o mesmo terá lugar o día hábil seguinte.

Oleiros, 27 de abril de 1995.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente