Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 11-5-1995 a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no cuarteirón delimitado polas rúas Principal, Avda. de Barraña, rúa nº 18 e rúa Santos Mieites, exponse ó público o expediente durante o prazo de 30 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, DOG e no xornal de maior circulación da provincia, co fin de que durante o dito prazo os interesados poidan formula-las alegacións, suxerencias ou reclamacións que coiden oportunas, de acordo co disposto no artigo 114 do texto refundido da Lei do solo e ordenación urbana do 26 de xuño de 1992 en relación cos artigos 109 e 126 do mesmo corpo legal.

Boiro, 12 de maio de 1995.

Manuel Velo Velo

Alcalde