Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.884

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO.

Ó non ser elixido polo Concello de Cariño (A Coruña) xuíz de paz substituto da dita localidade, convócase para que, no prazo de 15 días computados a partir da publicación desde edicto no Diario Oficial de Galicia cantos teñan interese en aspirar ó cargo de xuíz de paz substituto de Cariño (A Coruña) dirixan unha instancia á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, facendo consta-lo seguinte:

1. Nome, apelidos, idade, profesión e domicilio.

2. Se desempeñou o cargo de xuíz de paz ou substituto.

3. Méritos que coide que pode facer valer.

O que se fai público en cumprimento do acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para coñecemento de cantos interesen solicita-la indicada praza.

A Coruña, dez de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia