Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.873

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da obra de mellora da capa de rodadura da estrada Ordes-Cerceda, de clave: CXO-95-I Ordes.

Clave:CXO-95-I Ordes.

Obra: mellora da capa de rodadura da estrada Ordes-Cerceda.

Orzamento: cento corenta e nove millóns cincocentas setenta e nove mil trescentas dez pesetas. (149.579.310 ptas.).

Prazo de execución: vintecatro meses.

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado e 32 da Lei 6/1994, da Comunidade Autónoma de Galicia).

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (Servicio Provincial de Contratación), edificio administrativo de Monelos, 8º andar, A Coruña.

Garantía provisional que se lles esixe ós licitadores: esixirase unha fianza provisional de 2.991.586 ptas., agás nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Modelo de proposicións: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou ser enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado (artigo 100 do R.X.C, redactado segundo o Real decreto lexislativo 2528/1986, do 28 de novembro).

O prazo de presentación das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás 12 horas do sexto día, que non cadre en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 18 de maio de 1995.

P.D. (Orde 30-1-1995)

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña