Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa, das obras que se citan (clave AC-95-103 Aranga e doce máis).

A) Obras.

-Clave: AC-95-103. Aranga.

Obra: acondicionamentos de camiños en Aranga, Vilarraso, Feás e Cambás.

Orzamento: quince millóns duascentas cincuenta e tres mil novecentas dúas pesetas (15.253.902 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: trescentas cinco mil setenta e oito pesetas (305.078 ptas.).

-Clave: AC-95-112. Boqueixón.

Obra: urbanización en Lestedo. Concello de Boqueixón.

Orzamento: vintedous millóns novecentas noventa e dúas mil oitocentas noventa e unha pesetas (22.992.891 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: grupo e, subgrupo 1, categoría b. Grupo I, subgrupo 1, categoría b.

Fianza provisional: catrocentas cincuenta e nove mil oitocentas cincuenta e oito pesetas (459.858 ptas.).

-Clave: AC-95-112. Cedeira.

Obra: urbanización en travesía Arriba da Ponte e Saíñas.

Orzamento: nove millóns novecentas oitenta mil cincocentas oitenta e dúas pesetas (9.980.582 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: cento noventa e nove mil seiscentas doce pesetas (199.612 ptas.).

-Clave: AC-95-126. Cesuras.

Obra: mellora do firme en camiños de Cesuras.

Orzamento: vinteún millóns duascentas trinta e catro mil cento trinta e oito pesetas (21.234.138 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Fianza provisional: catrocentas vintecatro mil seiscentas oitenta e tres pesetas (424.683 ptas.).

-Clave: AC-95-138. Frades.

Obra: pavimentación e conservación de firmes en viais municipais de varias parroquias.

Orzamento: doce millóns setecentas corenta e catro mil setecentas sesenta e cinco pesetas (12.744.765 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: duascentas cincuenta e catro mil oitocentas noventa e cinco pesetas (254.895 ptas.).

-Clave: AC-95-176. San Sadurniño.

Obra: iluminación pública en diversas parroquias de San Sadurniño e conservación de camiños.

Orzamento: trece millóns trescentas corenta e dúas mil cincocentas setenta e tres pesetas (13.342.573 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: duascentas sesenta e seis mil oitocentas cincuenta e unha pesetas (266.851 ptas.).

-Clave: AC-95-186. Trazo.

Obra: camiño de Benza no límite do concello por Restante. Concello de Trazo.

Orzamento: vinteseis millóns sesenta mil oitocentas corenta e oito pesetas (26.060.848 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

Fianza provisional: cincocentas vinteunha mil duascentas dezasete pesetas (521.217 ptas.).

-Clave: AC-95-191. Vilarmaior.

Obra: construcción de beirarrúas e canalización de augas pluviais no núcleo de Diatres. Concello de Vilarmaior.

Orzamento: dez millóns cen mil pesetas (10.100.000 ptas.).

Prazo de execución: catorce meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: duascentas dúas mil pesetas (202.000 ptas.).

-Clave: OH-95-113. Brión.

Obra: abastecemento de auga ós núcleos de Adoufe e Cabo (Brión).

Orzamento: cinco millóns seiscentas setenta e dúas mil setecentas trece pesetas (5.672.713 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: cento trece mil catrocentas cincuenta e catro pesetas (113.454 ptas.).

-Clave: OH-95-144. Mañón.

Obra: abastecemento de auga a diversos lugares da parroquia de Mañón.

Orzamento: nove millóns cincocentas unha mil novecentas vinte e oito pesetas (9.501.928 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: cento noventa mil trinta e nove pesetas (190.039 ptas.).

-Clave: OH-95-152. Muxía.

Obra: traídas de augas a Quintáns e Ozón (lª fase).

Orzamento: vintecinco millóns duascentas sesenta e oito mil seiscentas noventa e tres pesetas (25.268.693 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

-Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: cincocentas cinco mil trescentas setenta e catro pesetas (505.374 ptas.).

-Clave: OH-95-183. Toques.

Obra: abastecemento domiciliario de auga potable a Toques (2ª fase).

Orzamento: vintecatro millóns novecentas cincuenta e oito mil cento vintetrés pesetas (24.958.123 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, cátegorla c.

Fianza provisional: catrocentas noventa e nove mil

cento sesenta e dúas pesetas (499.162 ptas.).

-Clave: OH-95-189. Vedra.

Obra: E.D.A.R. en Ribadulla (saneamento do núcleo Sol e arredores) rede de saneamento en Santa Cruz de Ribadulla. Fase II.

Orzamento: vintedous millóns cincocentas mil pesetas (22.500.000 ptas.).

Prazo de execución: doce meses.

Clasificación: grupo e, subgrupo, 1, categoría c.

Fianza provisional: catrocentas cincuenta mil pesetas (450.000 ptas.).

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado e a 32 da Lei 6/1994, da Comunidade Autónoma galega).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado

A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Delegación Provincial da Coruña ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás doce horas do sexto día, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 18 de maio de 1995.

P.D. (Orde 30-1-1995)

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña