Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 20 de marzo de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifica comprobación de valores e liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Abalo Beloso, Ana M. e cincuenta e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os acordos de comprobación de valores e liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indica e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46.1.º do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta Delegación Territorial, praza de Compostela nº 26 de Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula. Así mesmo, poderá no mesmo prazo e en corrección do resultado de comprobación de valores promove-la práctica de taxación pericial contradictoria, o que determinaría a suspensión da liquidación e dos prazos de reclamación contra ela.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E

VIVENDA