Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.870

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1995, da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de contratación directa, do contrato da subministración de material para praias dentro do Plan Sapraga-segunda fase.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, acordou a realización da ampliación da segunda fase do Plan Sapraga, polo sistema de contratación directa e polo importe máximo de catro millóns oitocentas corenta e tres mil pesetas (4.843.000 ptas.), IVE incluído.

Co fin de proceder á devandita contratación, invítase os interesados a presentaren as correspondentes propostas económicas.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, de prescricións técnicas e demais documentos relativos á contratación a que se refire o presente anuncio, poderán examinarse na Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, r/ Algalia de Arriba, 31, de Santiago de Compostela, teléfono 54 60 00.

As propostas presentaranse en sobre pechado e lacrado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

O prazo de presentación das ofertas rematará ós 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, en acto público, que terá lugar na sala B de San Caetano, Santiago de Compostela, ás 11 horas do primeiro día hábil (que non coincida en sábado) transcorridos 5 días naturais, contados a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

O custo deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1995.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente