Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.869

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (99/1995).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que nos autos de separación seguidos co número 99/1995, por instancia de Marina María Pérez Triviño, representada polo procurador Fernández Pérez, contra Francisco Valeiras Sánchez, en paradoiro descoñecido, acordouse cita-lo demandado Francisco Valeiras Sánchez por termo de vinte días para que compareza en autos e conteste a demanda baixo o apercibimento de que, de non facelo, será declarado en rebeldía e terase por precluído o trámite de contestación.

Para que conste e sirva de citación ó demandado Francisco Valeiras Sánchez, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o tres de abril de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado