Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.869

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e requirimento (135/1992).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de xuízo executivo nº 135/1992, se dictou providencia que ten o teor literal seguinte:

«Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1994.

Tendo en conta o que antecede, únase. Tense por promovida a execución da sentencia dictada nos pre

sentes autos e, na súa virtude, expídase mandamento ó rexistrador da propiedade do partido onde os bens inmobles radican para que libre e lle remita a este xulgado certificación na que consten as hipotecas, censos e gravames a que estean afectos os bens inmobles embargados ó demandado, ou se se encontran libres de cargas. Así mesmo, requírase a parte demandada para que dentro do termo de seis días presente en secretaría os títulos de propiedade dos predios embargados.

Desígnase como perito para que efectúe a valoración dos bens a José Armental Gude. Déaselle traslado da devandita designación á parte executada para que dentro do segundo día nomee outro pola súa parte baixo apercibimento de telo por conforme co nomeado polo executante.

Mándao e asínao S.Sª.».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación en forma e requirimento de títulos respecto ó predio: casa unifamiliar de planta baixa e piso alto sito en Lavacolla Sabugueira, 23, inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, inscrición 2ª do predio 10.020, no folio 15 do libro 105, tomo 1.070, os demandados Francisco Martínez Rivadas e Consuelo Rocha Romero, expido esta cédula de notificación e requirimento, en Santiago de Compostela o seis de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA