Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.869

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (256/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela,

Dou fe de que nos autos de xuízo de faltas número 256/1994 se dictou requisitoria do teor seguinte:

Pola presente requisitoria e en xuízo de faltas número 256/1994, seguido neste xulgado sobre insultos e ameazas, requírese e cítase a Antonio Sánchez Budiño, natural de Arzúa, nacido o día 12 de novembro de 1961, fillo de Manuel e de María, con último domicilio coñecido en Mallou de Abaixo número 5 de Santiago de Compostela, para que no prazo de dez días, contados a partir do seguinte a aquel en que esta requisitoria apareza publicada no DOG, compareza ante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, co obxecto de cumpri-las penas impostas en sentencia firme dictada nos autos antes indicados de data 18 de outubro de 1994, penas de multas de 25.000 ptas., 20.000 ptas. e 40.000 ptas.

Ordénaselles e encárgaselles a tódalas autoridades e ós funcionarios da policía xudicial que tan pronto como teñan coñecemento do paradoiro do referido penado, procedan á súa presentación ante o organismo xudicial correspondente.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco. Leonor Castro Calvo. Maxistrada-xuíza.

E para que conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e lle sirva de citación e requirimento ó penado Antonio Sánchez Budiño, expido a presente requisitoria en Santiago de Compostela o trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA