Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.868

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (529/1993).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de xuízo declarativo de cognición, nº 529 de 1993, notifícase á demandada, Gallega de Sierras S.L., a sentencia dictada neles, que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de cognición, seguidos neste xulgado baixo o número 529 de 1993, entre partes, dunha, como demandante, Manuel Mosquera García, maior de idade, casado, veciño de Oca-A Estrada, representado nos autos pola procuradora Regueiro Muñoz, e dirixido polo letrado Vede Calvelom, e da outra, como demandada, a entidade Gallega de Sierras S.L., domiciliada nesta cidade, incomparecida e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido: que, estimando a demanda formulada pola procuradora Regueiro Muñoz, en nome e representación de Manuel Mosquera García, contra a entidade Gallega de Sierras S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle satisfaga ó demandante a suma de 517.500 ptas., maila de 150.000 ptas., pola mensualidade do mes de decembro, e ó pagamento das custas causadas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mándoo, e asínoo».

Foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación á demandada, Gallega de Sierras S.L., declarada en rebeldía, expido este edicto para a súa publicación no DOG, que asino en Santiago de Compostela, seis de xuño de mil novecentos noventa e catro.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE

SANTIAGO DE COMPOSTELA