Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.868

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (232/1992).

En virtude de resolución de hoxe, dictada polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, coñecendo de expediente de dominio rexistrado co número 232 de 1992, promovido por José Viaño Rey, para reanudación do tracto sucesivo do predio rústico 44 do plano da zona de concentración parcelaria de Sergude (Boqueixón), destinada a labradío no sitio de Francés, por medio deste edicto-cédula cítase por segunda vez e termo de dez días os titulares rexistrais Mariano Rajoy Dopazo e Antonio Seijo Dopazo, e se é o caso, os seus herdeiros, sucesores ou habentes causa, para comparecer no expediente alegando o que conveña o seu dereito.

Así mesmo e transcorrido o prazo mencionado, cítase por terceira vez os mencionados titulares rexistrais, sucesores, herdeiros ou habentes causa deles, polo indicado termo e obxecto.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1994.

O secretario

Rubricado