Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.868

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (133/1995).

En virtude do acordado en resolución desta data por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz en funcións neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Ribeira, dictada na peza separada de medidas coetáneas dimanantes de autos civís que sobre separación matrimonial se seguen neste xulgado co número 133/1995, a instancia de Juana María González Fernández, representada polo procurador Arca Soler, contra Juan Fernando Domínguez Rego, maior de idade, actualmente en paradoiro descoñecido, a medio da presente cédula cítase o referido demandado para que o vindeiro día vinteseis de maio e ás once horas, compareza ante a sala de audiencia deste xulgado co fin de ser oído nas ditas medidas, debendo verificalo asistido de avogado e procurador que, respectivamente, o dirixa e represente, prevíndoo de que, de non comparecer, continuará o xuízo na súa rebeldía, sen facerlle máis notificacións nin citacións que as sinaladas na lei.

Fáiselle saber que as copias da demanda e documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de citación en forma ó referido demandado, Juan Fernando Domínguez Rego, expido e asino a presente cédula en Ribeira o dezanove de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Amalia Castillo de Comas

Secretaria xudicial

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA