Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.867

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (166/1992).

Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e do seu partido, fai saber:

Que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de executivo outros títulos número 166/1992, nos que recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«En Padrón, doce de abril de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Raimundo San Adrián Otero, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e do seu partido, os presentes autos de executivo, seguidos neste xulgado co número 166/1992, nos que son parte, promovido por Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado/s polo procurador Ricardo García Piccoli-Atanes, e asistido pola letrada María Carmen Fandiño López, contra Áridos Couso da Limia, S.L., José Luis Merelles Díaz, María José Sanchidrián Perejil, José Ángel González Piñeiro e María Carmen Enrique González, declarados en rebeldía, sobre reclamación de certa cantidade.

Decido que debo mandar e mando segui-la execución adiante, ata facer remate nos bens embargados e que no sucesivo poidan embargarse ó debedor e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor Banco Bilbao Vizcaya, S.A., das responsabilidades por que se despachou, ou sexa, pola cantidade de 7.906.847 ptas., importe do principal; e ademais ó pagamento dos xuros de demora e as custas, as cales se impoñen ó dito demandado.

Así, por esta miña sentencia, que será notificada ós demandados na forma e modo que a lei prevén para os rebeldes; definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Contra esta resolución cabe interpor perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días.

E para a súa publicidade e que sirva de notificación ós demandados, non comparecidos e que se atopan en paradoiro descoñecido, José Ángel González Piñeiro e Mª Carmen Enrique González, expido este edicto en Padrón o dezaseis de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado