Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.867

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (9/1988).

Ramona González Suárez, oficial en funcións de secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, dou fe e testemuño de que nos autos de cognición de servidume de paso 9/1988, seguidos neste xulgado, se dictou sentencia cun encabezamento e decisión que din así:

«En Negreira, cinco de decembro de mil novecentos noventa e catro. Francisco Serrano Arnal, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, despois de ve-los presentes autos de xuízo de cognición promovidos por Manuel Blanco Grille, asistido polo letrado Baltasar García Amigo, contra Josefina Caamaño Soto, asistida do letrado Manuel Braña Moreno e Dourido Forján Mayo, Manuel Mancebo, Manuela Rey, Florentino Sande Barreiro, Manuel Antelo, Rogelio Grille Tomé, Bautista Sande Barreiro, Elena Otero, herdeiros de Manuel Grille Tomé, persoas físicas ou xurídicas e o Ministerio Fiscal, que se encontran todos en rebeldía, sobre servidume de paso.

Decido que, estimando a excepción de litispendencia examinada, declaro a absolución na instancia neste xuízo sen facer pronunciamento sobre o fondo da demanda interposta en nome de Manuel Blanco Grille contra Josefina Caamaño Soto, Dourino Forján Mayo, Manuel Mancebo, Manuel Rey, Florentino Sande Barreiro, Manuel Antelo, Severino Busto Álvarez, Rogelio Grille Tomé, Bautista Sande Barreiro, Elena Otero, herdeiros de Manuel Grille Tomé, persoas físicas ou xurídicas e todo iso sen facer especial condena en custas a ningunha das partes litigantes.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que, por non ser firme, é susceptible de recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación».

Co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste xulgado, e para

que sirva de notificación de sentencia ós demandados rebeldes ós herdeiros de Manuela Rey, herdeiros de Manuel Grille Tomé e ás persoas físicas ou xurídicas que puidesen ter interese neste preito, expido e asino o presente edicto en Negreira, cinco de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Ramona González Suárez

Oficial en funcións de secretaria