Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.867

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚMERO TRINTA E UN DE MADRID

EDICTO (281/1993-H).

Providencia do maxistrado-xuíz Serrano Arnal.

Madrid, dezasete de xuño de mil novecentos noventa e catro. Dada conta; por presentado o anterior escrito, únase ós autos da súa razón e visto o seu contido tense por interposto no tempo e forma recurso de apelación por Agapito Díaz Gamero contra a sentencia dictada no presente xuízo de faltas, que se admite en ámbolos efectos. Déase traslado do citado escrito ás demais partes co fin de que no termo de dez días aleguen o que ó seu dereito conveña e, transcorridos estes, remítanse as actuacións á Audiencia Provincial de Madrid, sección quinta, logo de nota nos libros de rexistro, con atento oficio remisorio.

Mandouno e asina S.S. Dou fe.

Rubricado