Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.865

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚMERO TRINTA E UN DE MADRID

CÉDULA de notificación de sentencia (281/1993-H).

En Madrid o dezanove de abril de mil novecentos noventa e catro. Antonio Serrano Arnal, maxistrado-xuíz do Xulgado de Instrucción, trinta e un desta localidade, viu e examinou as precedentes actuacións de xuízo de faltas número 281/1993-H seguido pola presunta falta de imprudencia simple con resultado de lesións entre partes: como implicados, Fernando Suárez Acebes, Teodora Martín Sanz, Agapito Díaz Gamero, Andrés Acebes Luna, representante legal de Cosmética Selecta, S.A., José Ignacio Santos

Durán, Enrique Juan Martínez Gómez, Ministerio de Defensa e Consorcio de Compensación de Seguros e en atención ós seguintes:

Antecedentes de feito.

1. Neste xulgado incoáronse dilixencias de xuízo de faltas, dando lugar á celebración do acto de xuízo oral.

2. Na substanciación do presente xuízo de faltas observáronse as prescricións legais vixentes.

Feitos probados.

O día 19 de marzo de 1993, no punto quilométrico 8,050 da estrada M-616 (Fuencarral-El Pardo) como queira que en dirección a El Pardo circulaba o vehículo M-2509-LZ, propiedade de Cosmética Selecta, S.A., conducido por Andrés Acebes Luna e asegurado na compañía Mutua Madrileña Automovilista, seguido polo vehículo M-5903-JG, asegurado na compañía Mapfre, conducido polo seu propietario, Fernando Suárez Acebes, a quen acompañaba como usuaria del a súa esposa Teodora Martín Sanz, o vehículo M-6733-KK, propiedade do Ministerio de Defensa, conducido por José Ignacio Santos Dura, que circulaba a velocidade excesiva dadas as circunstancias da vía e a escasa velocidade dos vehículos anteriormente relacionados que o precedía, os cales coas debidas sinalizacións pretendían virar á súa dereita, iniciou a manobra de adiantamento colisionando frontalmente co vehículo que en sentido contrario da vía circulaba, o vehículo M-0017-MV, asegurado na compañía Apolo e conducido polo seu propietario

Agapito Díez Gamero, sendo que á súa vez o vehículo M-0931-NJ propiedade do Ministerio de Defensa, conducido por Enrique Juan Martínez Gómez que á súa vez seguía o vehículo M-6733-KK, colisionou co vehículo M-5903-JG motivando que este por desprazamento colisionase co que o precedía M-2509-LZ.

Como consecuencia:

-O vehículo M-2509-LZ sufriu desperfectos peritados en 252.784 ptas. sufragados pola compañía Mutua Madrileña Automovilista.

-O vehículo M-5903-JG, desperfectos peritados en 695.527 ptas., satisfeito o seu importe pola compañía Mapfre.

-Con feridas, Férnando Suárez Acebes, das que tardou en curar 53 días, todos eles con impedimento para as súas ocupacións habituais.

-Con feridas, Teodora Martín Sanz, das que tardou, en curar 30 días, todos eles con impedimento para as súas ocupacións habituais.

-O vehículo M-0017-MV con desperfectos peritados segundo valor venal en 1.640.000 ptas., satisfeito o seu importe pola compañía Apolo.

Fundamentos xurídicos.

1. Os feitos probados en autos constitúen unha falta de imprudencia simple con resultado de lesións,

prevista e penada polo artigo 586 bis do Código Penal, da que responden en concepto de autores:

A) José Ignacio Santos Durán, quen á fronte do vehículo M-6733-KK e omitindo as máis elementais normas de precaución e cautela -lindando con temeridade- esixibles a cantos se atopan á fronte de vehículos de motor, emprendeu a manobra de adiantamento de vehículos que o precedían, sen apercibirse adecuadamente para evitar todo risco de poder realizala con total garantía e seguridade sorprendendo a quen en sentido contrario e correctamente circulaba, non podendo evita-la colisión e,

B) Enrique Juan Martínez Gómez, quen ó circular á fronte do vehículo M-0931-NJ tralo vehículo conducido polo anterior, a velocidade non adecuada ás circunstancias do tráfico e da vía, sorprendido pola manobra de quen o precedía e non observando a distancia prudencial con aquel, non puido evitar colisionar co vehículo M-5903-JG que correctamente e sinalizando a súa manobra de que á dereita circulaba desprazándoo con motivo do alcance contra quen á súa vez o precedía (M-2509-LZ) cos resultados reflectidos nos feitos probados.

Vistos os preceptos legais citados e os números 1, 12, 14, 19, 25, 85, 89, 90, 93 e 601 do Código Penal, 142 da LAC e 1 ó 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952 e demais de xeral e pertinente aplicación.

Decido que debo condenar e condeno a José Ignacio Santos Durán e a Enrique Juan Martínez Gómez, como autores penalmente responsables de cadansúa falta de imprudencia simple, á pena de tres días de arresto menor, dous meses de privación do permiso de conducir a cada un deles, custas e a que indemnicen:

A) José Ignacio Santos Durán, coa responsabilidade civil directa do Consorcio de Compensación de Seguros e responsabilidade civil subsidiaria do Ministerio de Defensa, na suma de un millón seiscentas corenta mil pesetas (1.640.000 ptas.) á entidade aseguradora Apolo, polos desperfectos ocasionados ó vehículo M-0017-MV.

B) Enrique Juan Martínez Gómez, coa responsabilidade civil directa do Consorcio de Compensación de Seguros e responsabilidade civil subsidiaria do Ministerio de Defensa, á compañía Mutua Madrileña Automovilista, na suma de duascentas cincuenta e dúas mil setecentas oitenta e catro pesetas (252.784 ptas.) polos desperfectos do vehículo M-2509-LZ propiedade de Cosmética Selecta, S.A., e satisfeitos pola dita entidade.

C) E que se indemnice a Fernando Suárez Acebes na suma de cincocentas trinta mil pesetas (530.000 ptas.) polas lesións sufridas e a Teodora Martín Sanz, na suma de trescentas mil pesetas (300.000 ptas.) por lesións e á entidade aseguradora Mapfre á suma de seiscentas noventa e cinco mil cincocentas vintesete pesetas (695.527 ptas.) como importe dos desperfectos do vehículo M-5903-JG satisfeitos por esta.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado dentro do prazo de cinco días a partir da súa notificación, pronúncioo, mándoo e asínoo.