Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.865

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de maio de 1995 pola que se corrixen erros da do 27 de marzo de 1995 pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos de asesores técnico-pedagóxicos en centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios.

Advertido erro na devandita orde publicada no DOG nº 90, do pasado 11 de maio, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 3.523, no anexo I Cefocop de Ourense, onde di: «Especialidade, Período, Corpo», hai que engadir: «Especialidade: Tecnoloxía; Período: 1 ano; Corpo: 2, 4 ».

Santiago de Compostela, 15 de maio de 1995.

Juan Piñeiro, Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria