Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.860

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de maio de 1995 pola que se modifica parcialmente a do 19 de decembro de 1985 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan.

A Orde do 19 de decembro de 1985, determinou os nomes oficiais dos topónimos pertencentes ós concellos: Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, Os Blancos, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Coles, Cualedro e Chandrexa de Queixa (Ourense).

O traballo de campo e a documentación utilizados pola Comisión de Toponimia ó longo destes anos aportaron datos que aconsellaron á comisión, na súa sesión plenaria do vintenove de marzo de mil novecentos noventa e cinco, revisa-lo dictame referido a catro topónimos publicados na orde citada (un pertencente ó concello de Baños de Molgas, dous ó concello dos Blancos e un ó concello de Cualedro.)

En consecuencia, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-Modifícase a Orde do 19 de decembro de 1985 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan, no sentido seguinte:

-No concello de Baños de Molgas, parroquia de Almoite (Santa María) onde dicía: «Almoíte», debe dicir: «Almoite».

-No concello dos Blancos, parroquia dos Blancos (San Breixo), onde dicía: «Blancos», debe dicir: «Blancos, Os»; e na parroquia de Nocedo (San Cibrao), onde dicía: «Noveas», debe dicir: «Nóveas».

-No concello de Cualedro, parroquia de Atás (Santa María)), onde dicía: «Estivadas (As)», debe dicir: «Estibadas, As».

Disposición adicional

Do establecido na presente orde e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública