Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.860

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de maio de 1995 pola que se modifica parcialmente a do 17 de decembro de 1992 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan pertencentes ós concellos de Betanzos, Cee e Pontedeume (provincia da Coruña); Amoeiro, Avión, O Barco de Valdeorras, Beariz, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castro Caldelas, Manzaneda, Porqueira e Xinzo de Limia (provincia de Ourense); e Baiona (provincia de Pontevedra).

A Orde do 17 de decembro de 1992 pola que se determinou os nomes oficiais dos topónimos pertencentes ós concellos de: Betanzos, Cee e Pontedeume (A Coruña); Amoeiro, Avión, O Barco de Valdeorras, Beariz, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castro Caldelas, Manzaneda, Porqueira e Xinzo de Limia (Ourense); e Baio (Pontevedra).

O traballo de campo e a documentación utilizados pola Comisión de Toponimia ó longo destes anos aportaron datos que aconsellaron á comisión, na súa sesión plenaria do vintenove de marzo de mil novecentos noventa e cinco, revisa-lo dictame referido a un topónimo do concello de Amoeiro e outro do concello de Castro Caldelas, publicados na orde citada.

En consecuencia, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-Modifícase a Orde do 17 de decembro de 1992 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan pertencentes ós concellos de Betanzos, Cee e Pontedeume (provincia da Coruña); Amoeiro, Avión, O Barco de Valdeorras, Beariz, Carballeda de Avia, O Carballiño, Castro Caldelas, Manzaneda, Porqueira e Xinzo de Limia (provincia de Ourense); e Baiona (provincia de Pontevedra), no sentido seguinte:

-No concello de Amoeiro, parroquia de Abruciños (San Xoán), onde dicía: «Xilfonxe», debe dicir: «Guilfonxe».

-No concello de Castro Caldelas, parroquia de San Paio de Abeleda (San Paio), onde dicía: «Coto, O», debe dicir: «Couto, O».

Disposición adicional

Do establecido na presente orde e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública