Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 1995 Páx. 3.861

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de maio de 1995 pola que se modifica parcialmente a do 20 de decembro de 1985 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan.

A Orde do 20 de decembro de 1985, determinou os nomes oficiais dos topónimos pertencentes ós concellos: Entrimo, Esgos, Larouco, Laza, Leiro, Lobeira, Lobios, Maceda, Maside, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo (Ourense).

O traballo de campo e a documentación utilizados pola Comisión de Toponimia ó longo destes anos aportaron datos que aconsellaron á comisión, na súa sesión plenaria do vintenove de marzo de mil novecentos noventa e cinco, revisa-lo dictame referido a catro topónimos publicados na orde citada (un pertencente ó concello de Leiro, un ó concello de Lobeira e dous ó concello de Maside).

En consecuencia, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.-Modifícase a Orde do 20 de decembro de 1985 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan, no sentido seguinte:

-No concello de Leiro, parroquia de Lamas (Santa María), onde dicía: «Carneira», debe dicir: «Pena Corneira».

-No concello de Lobeira, parroquia de Lobeira (San Vicente), onde dicía: «Meas», debe dicir: «Meás».

-No concello de Maside, parroquia do Lago (San Martiño), onde dicía: «Estúnigo», debe dicir: «Estúniga»; e na parroquia de Santa Comba do Trevoedo (Santa Comba), onde dicía: «Carballeira», debe dicir: «Carballeira, A».

Disposición adicional

Do establecido na presente orde e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, Santiago de Compostela, 2 de maio de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública