Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 1995 Páx. 3.856

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO.

Non elixido polo Concello de Muíños (Ourense) xuíz de paz substituto da devandita localidade, convócase para que, no prazo de 15 días contados a partir do da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantos teñan interese en aspirar ó

cargo de xuíz de paz substituto de Muíños (Ourense), dirixan unha instancia á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, facendo consta-lo seguinte:

1. Nome, apelidos, idade, profesión e domicilio.

2. Se desempeñou o cargo de xuíz de paz ou substituto.

3. Méritos que considere que pode facer valer.

O que se fai público en cumprimento do acordo da Sala do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para coñecemento de cantos desexen solicita-la indicada praza.

A Coruña o vintecatro de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia